Plan Madruga

Consiste na recepción e atención de alumnos/as nas horas previas ao inicio da xornada escolar propiamente dita.

O obxectivo é facilitar a conciliación da vida doméstico-familiar e laboral das familias nas que os adultos teñen xornadas de traballo que comezan antes das dos escolares.

Os nenos/as son recollidos por un monitor especializado e con experiencia, co que comparten diversos xogos e actividades lúdico-didácticas, mentres os adultos poden irse a traballar coa total garantía de que os seus "peques" estarán coidados e vixiados, ao mesmo tempo que se divirten e aprenden.

O Colexio abre as súas portas para os alumnos ás 7:30 horas. A esta hora os pais poderán deixar aos seus fillos se así o desexan.

Colexio San Narciso. Marín. Pontevedra
Chan do Monte 27. Teléfono 986881408