Entendemos a Biblioteca Escolar como un espazo educativo, que alberga unha colección organizada e centralizada de todos aqueles materiais informativos que necesita o centro para desenvolver a súa tarefa docente, baixo a supervisión de persoal cualificado, e cuxas actividades se integran plenamente nos procesos pedagóxicos do centro e se recollen, polo tanto, no Proxecto Educativo de Centro, Proxecto Curricular de Centro e Programación Xeral Anual.

A biblioteca proporciona múltiples servizos de información e ofrece acceso -por diferentes vías- a fontes de información e materiais complementarios que se encontran no exterior. Constitúe, ademais, un lugar favorable ao estudo, á investigación, ao descubrimento, á autoformación e á lectura.

Biblioteca de Primaria

Biblioteca de Secundaria

Colexio San Narciso. Marín. Pontevedra
Chan do Monte 27. Teléfono 986881408