Actividades Extraescolares
Esta liña de actuación ten como obxectivo potenciar a oferta de actividades culturais e deportivas, con carácter voluntario e en horario de tarde, que contribúan á formación integral do alumnado, lle axuden a organizar o seu tempo libre e melloren a súa vinculación co centro. As devanditas actividades levaranse a cabo en colaboración con institucións do centro, como o ANPA, ou do seu ámbito: o Concello, Asociacións de Veciños, entidades do movemento asociativo, etc.

Obxetivos

  • Promover no alumnado un sentimento positivo de pertenza ao centro.
  • Conseguir que adquira unha maior autonomía e responsabilidade na organización do seu tempo libre.
  • Desenvolver a autoestima dos nenos, nenas e mozos.
  • Mellorar as relacións entre os alumnos e axudarlles a adquirir habilidades sociais e de comunicación.
  • Favorecer a sensibilidade, a curiosidade e a creatividade do alumnado.
  • Posibilitar o acceso ás actividades culturais e deportivas a todos os nenos, nenas e mozos, ampliando o seu horizonte cultural.

 

 
 

Colexio San Narciso. Marín. Pontevedra
Chan do Monte 27. Teléfono 986881408