escolainfantil 

 

  CHAN DO MONTE 27, TLF.671 830 054/986 881 408 Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.">Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

 

Coa nosa Escola, nace en Marín un novo método, baseado nunha ensinanza en valores dende os primeiros anos de vida dos nosos peques.

 

A nosa metodoloxía baseada en Aprendizaxes Temperás, garante un desenvolvemento nos nenos dende idades moi temperás, que lles permitirá formarse en todas as súas capacidades de forma moi positiva, sempre partindo dos seus diferentes ritmos de aprendizaxe e maduración.

                Quen Somos?

 

  • Somos un Centro de Educación Infantil para nenas e nenos de 0 a 3 anos que iniciamos en Xaneiro de 2014 as nosas actividades.
  • A Escola está aberta todo o ano de 08:00 h a 17:30 h, agás festivos e o mes de agosto, por descanso do persoal.
  • Contamos con 36 prazas repartidas en 0, 1 e 2 anos.
  • Traballamos a través da experimentación do neno partindo de diferentes  talleres de adquisición e amplitude do seu coñecemento.
  • Introducimos a Lingua Inglesa en sesións de 30 minutos diarios (bits de intelixencia, cancións, xogos, visualización de películas), a Psicomotricidade en 2 sesións de 30 minutos semanais e as Novas Tecnoloxías a través das nosas Tablets.
  • Participamos nun proxecto de “Experiencias familiares Compartidas”, a través dun libro viaxeiro, así como a organización de talleres de país e visitas dos mesmos ao centro.
  • Potenciamos a imaxinación dos nenos a través de sesións de Contacontos e Musicoterapia,
  • Adaptámonos ás necesidades dos nenos/as e as familias.
  • Dispoñemos de Servizo de Transporte escolar e cheque bebé da xunta.
  • Garantimos a obtención de 1 punto para obter praza no segundo ciclo de educación infantil no Colexio concertado San Narciso.

 

 

 

         COTAS:

 

COTA

SEN COMEDOR

COTA

CON COMEDOR

MATRÍCULA

 

O noso Blog

Colexio San Narciso. Marín. Pontevedra
Chan do Monte 27. Teléfono 986881408