¿Quen somos?

Colexio San Narciso é un colexio privado cun ideario propio, que oferta todos os niveis educativos. É concertado, polo tanto sostido con fondos públicos e gratuito, na Educación Infantil e en todo o Ensino Secundario Obrigatorio (ESO). Tamén mantemos a oferta dun Bacharelato de excelencia, xa dentro do ámbito de xestión estrictamente privada.

O noso obxetivo  é continuar ofrecendo un servizo público educativo de calidade, tal como viñemos facendo durande o século que o San Narciso leva arraigado en Marín, e traballar para que a calidade do servizo que prestamos estea sempre dotado dos medios humanos e métodos técnicos máis avanzados, como xa é tradición facer no San Narciso.

Os nosos principios son:

  • Formar persoas con capacidades efectivas para desenvolverse profesional e humanamente no complexo mundo socio-laboral.
  • Educar nos valores do humanismo cristián para plasmar unha formación realmente integral da persoa.
  • Aunar tradición e modernidade na nosa práctica educacional, aproveitanto o mellor da nosa longa experiencia no eido educativo, e non só sendo permeables aos avances metodolóxicos, senón incluso visionarios na percepción e na implantación de elementos de vangarda positivos para prestar mellor o noso servizo educativo.
  • Como institución educativa cristiá, apoiar solidariamente o alumnado cunha oferta de becas ambiciosa na medida do posible, para que non teñan que desistir de formarse humana e profesionalmente nos nosos valores.

Colexio San Narciso. Marín. Pontevedra
Chan do Monte 27. Teléfono 986881408